Fuente: http://loquesomos.org/ii-xornadas-de-memoria-historica/ Mp3
Agencia Mp3*. LQS. Agosto 2020
A Transición, outro discurso é posíbel
11 e 12 de setembro de 2020
Pazo da Cultura de Pontevedra e Illa de San Simón
O obxectivo desta cita é analizar como se pasou da dictadura á democracia no 78 cun discurso pactado, homoxéneo e acrítico coas institucións e organismos implicados poñendo de manifesto as súas eivas e erros.
Nas xornadas estarán presentes persoas relatoras que, fronte ao discurso do ‘pensamento único e homoxéneo’, foron e son críticas con ese momento da historia.
Entre elas está Ángeles Díez, doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía da Complutese, que afondará dende o punto de vista político como segue a haber vestixios do franquismo na nosa sociedade, en institucións, e organismos que apenas mudaron cando rematou o réxime e se iniciou o suposto Estado de Dereito, o que ela define como ‘francocracia’. Tamén se abordará este tema cunha perspectiva de país con Xulio Padra, autor do libro ‘Galicia en Transición’.
Falarase da perspectiva da loita nos tribunais, contando con Goretti Sanmartín, impulsora dende a Deputación da Coruña da Xunta pro Devolución do Pazo, e con Xabier Ferreira, profesor da USC e responsable do informe xurídico de Meirás.
O venres pola tarde farase unha visita á Illa de San Simón, unha icona e símbolo da memoria histórica para a que a Deputación está a esixir un plan de usos e que sexa declarada Illa da Memoria. Será unha xornada na que ademais organizar un roteiro a cargo de Matías Matías Rodríguez, se realizarán dúas intervencións de Luís Bará para falar das políticas públicas de memoria na Galiza, e de Enriqueta Otero, presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín e filla de Eduardo Otero Molas, preso en San Simón, que falará da loita civil pola memoria das vítimas.
O sábado estará en Pontevedra Cristina Fallarás, unha persoa moi crítica co papel dos medios de comunicación no relato da Transición. Falarán logo Paloma García, Jacinto Lara, Irene Francés e Jana Calero, integrantes da equipa da avogacía da querela arxentina, e continuarase cunha homenaxe ao represaliado Chato Galante, que faleceu este ano «ao que levamos con nós e agradecemos todo o que nos achegou, sendo o responsable e pai ideolóxico das I Xornadas que celebrou esta Deputación, animando a traballar na loita contra a impunidade».
Xa pola tarde tocará a quenda de xente «que nun momento moi complicado rompeu o discurso» como foia xornalista Tareixa Navaza, que padeceu un custe persoal pola súa significación cando, por retransmitir a chegada dos restos de Castelao a Bonaval lendo fragmentos de Sempre en Galiza, foi retirada de antena no seu traballo da televisión. Tamén se dará conta doutras iniciativas que foron quen de facer un relato distinto como Margarita Ledo dende o cine; Xurxo Souto na música da transición; Santi Cortegoso no teatro ou o propio Alberto San Juan, que fará un monólogo sobre a monarquía titulado ‘Autorretrato de un joven capitalista’.
Descargar programa(pdf)
11 e 12 de setembro de 2020
Pazo da Cultura de Pontevedra e Illa de San Simón
Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos